7/5/09

EXPOSICIÓN SOBRE OS MUÍÑOS


Desde Normalización Lingüística queremos dar as grazas a todo o noso alumnado e ás súas familias pola súa participación na busqueda dos MUIÑOS PERDIDOS.

Fotos, nomes de muíños, cantigas, contos, refráns... todo esta recollido nunha exposición que vos invitamos a ver na entrada do noso colexio.

O obxectivo está cumprido. Case todo o noso alumnado atopou o muíño da súa familia. Aprendemos moito escoitando os nosos avós e avoas, e sobre todo recollemos uns datos importantísimo para coñecer e preservar a nosa historia e cultura. Noraboa a todos/as.

3/5/09


Xa estamos en maio. Este ano o Día das Letras Galegas está adicado ao escritor Ramón Piñeiro.

Pouco a pouco iremos coñecendo a este escritor que defendeu toda á súa vida a Galicia e a súa seña de identidade, o galego.

1/5/09

BUSCANDO OS MUÍÑOS PERDIDOS DAS NOSAS FAMILIAS

Cerca das nosas casas hai muíños. Algúns están ocultos pola maleza, outros en ruínas, pero todos teñen unha historia detrás.
Os nosos avós ou avoas seguro que foron moitas veces a moer ao muíño e saben moito deste tema.
Lede con eles esta información, repasade as partes do muíño pois é posible que lles chamen doutro xeito.
Anotade o que eles vos digan para añadir a nosa investigación.
Descubre cal era o muíño o que ia a túa familia a moer, faille unha foto, se aínda existe, e contesta a estas preguntas :
Estado actual do muíño da vosa familia

Restaurado En ruínas Desaparecido
Como se chama o muíño?
En que lugar e parroquia se atopa?
Como se chama o regueiro ou río que lle da auga?
É de cubo ou de cal?
Canto tempo tardaba en moer un saco de millo de 20 quilos?
Cantas horas de muíño tiñades a semana?
Moían de día ou de noite?
Con que se iluminaban de noite?
Para que utilizaban a fariña?
Escribe cantigas, refráns ou historias sobre os muíños que che poidan contar os teus avós ou avoas
O alumnado do noso colexio anda estes días na busca dos muíños perdidos e non paran de facerlles preguntas os seus avós e avoas. Pronto teremos os resultados desta tenaz investigación.
Estade atentos a exposición que vai haber nos corredores do colexio e nas próximas noticias da blog.

28/4/09

BUSCANDO OS MUÍÑOS PERDIDOS





No noso concello de Mos ó igual que en toda Galicia os muíños de auga foron vitais durante séculos para moer os cereais cos que despois se facía o pan e outros alimentos.





O nome de MOS proven do latín , pedra grande, igual que a pedra de arriba dos muiños a mo (moa).



Para recordarnos a procedencia do nome de Mos, hai unha escultura feita cos restos dun muiño na beira da estrada N-550 na parroquia de Mos do escultor Marcos Escudero




As partes do muíño na nosa zona




19/4/09

CERTAME LITERARIO


Xa está en marcha o Certame Literario do 2009.

Todos e todas levamos un escritor dentro só temos que darlle a oportunidade de expresarse.

Non te cortes deixa que a túa imaxinación se plasme no papel.

¡Anímate a participar!