1/5/09

BUSCANDO OS MUÍÑOS PERDIDOS DAS NOSAS FAMILIAS

Cerca das nosas casas hai muíños. Algúns están ocultos pola maleza, outros en ruínas, pero todos teñen unha historia detrás.
Os nosos avós ou avoas seguro que foron moitas veces a moer ao muíño e saben moito deste tema.
Lede con eles esta información, repasade as partes do muíño pois é posible que lles chamen doutro xeito.
Anotade o que eles vos digan para añadir a nosa investigación.
Descubre cal era o muíño o que ia a túa familia a moer, faille unha foto, se aínda existe, e contesta a estas preguntas :
Estado actual do muíño da vosa familia

Restaurado En ruínas Desaparecido
Como se chama o muíño?
En que lugar e parroquia se atopa?
Como se chama o regueiro ou río que lle da auga?
É de cubo ou de cal?
Canto tempo tardaba en moer un saco de millo de 20 quilos?
Cantas horas de muíño tiñades a semana?
Moían de día ou de noite?
Con que se iluminaban de noite?
Para que utilizaban a fariña?
Escribe cantigas, refráns ou historias sobre os muíños que che poidan contar os teus avós ou avoas
O alumnado do noso colexio anda estes días na busca dos muíños perdidos e non paran de facerlles preguntas os seus avós e avoas. Pronto teremos os resultados desta tenaz investigación.
Estade atentos a exposición que vai haber nos corredores do colexio e nas próximas noticias da blog.

No hay comentarios: