26/2/09

Coplas de entroido










Coplas de entroido

Todo isto que contamos,
que a ninguén lle pareza mal.
Son críticas baratas,
Cousas do Carnaval.

Todo isto que aquí falamos
éche cousa do carnaval,
porque todo o mundo quere
boa vida e disfrutar.

A xente deste colexio
critica de ti e de min;
bótanos a culpa toda
do que pasa por aquí.

Fixo o Fabio García
con pauciños e unha piña
un pequeno cachourizo
que, se pincha no cu, arrepías.

Neste ano viñeron todas:
frío, neve e moito vento.
Dixo Guillerme Larrañaga:
“Parece cousa do inferno!”

Antonio non quedou conforme
e botou máis leña ao lume:
“Non che é mal tempo, Guille,
Que ti non distingues a néboa do fume.”

Xurxo, que xenio ten un pico,
botou man do fouciño:
“Antonio, cala un pouquiño,
Que che vou cortar o piquiño.”

E Javier Troncoso Castro
dixo subido a un canastro:
“A neve nos picos altos
parece un branco manto”.

Miña nai falou cos titores.
Boas noticias non lle deron;
ao entrar eu pola porta
advertencias non esqueceron.

Fixeron nun recanto
un pequeno arrecendario;
o que aínda non fixeron
foi o traballo solidario.

O camiño quedou lucido,
as plantas ben separadas;
para o camiño viñeron pedras,
as herbas quedaron plantadas.

Todo foron felicitacións:
Estrenamos arrecendario!
Agora andan a sortear
quen o coida a diario.

Eu xa dixen que non,
que o traballo a min non me vai;
que vaian Marta ou Xiana,
que a elas mal non lles fai.

Aínda nos queda outra
por se estas van dicir NON:
Deixámolo para outra ocasión
ou senón... que o faga Antón.

A planta da nosa Sara
disque colleu camiño;
puxeron patas as raíces
ou haiche moito ladronciño!

Con dous conserxes contamos,
estamos de grandes melloras:
un fai que non está,
o outro... disque vai fóra.

A raíz do toxo verde
é moi mala de arrincar,
tamén o son as silvas
que no noso patio hai.

O colexio está moi coidado;
xa non se pode mellorar:
os plásticos polo chan,
as silveiras grandes están.

O paxaro cando chove
mete o rabo entre as silveiras;
así fai quen aquí manda,
cando non lle vai ben na feira.

Os mestres van vellos;
xa lles puxeron ascensor;
non saben que as escaleiras
son o mellor pró corazón.

Cando un mestre pasa:
-”Bos días, meu señor!”
A ver se se acordara
de aprobarme a avaliación.


Ándanche uns meniños aí
facendo grandes escavacións:
sacan pedras, sacan terra,
para aumentar a extensión.

Antón colga na rede
fotografías de todos nós.
Aínda que sexa esta vez,
sácame ghuapiña no blog.

Nisto de saír moi guapos
hai quen di que tanto ten;
a eses é ós que eu máis vexo:
“Como queiras, pero eu que saia ben!”

O das fotos dá moito xogo;
por unha cambio de opinión;
non me parece mal o sacho,
pero a foto moito mellor.

E, falando destas fotos,
como poderá ser iso
de que uns saian serios
e outros con moito sorriso?

O alumnado da nosa clase
anda en profundas cavilacións:
E como eu quedarei máis guapa,
con falda ou con pantalón?

Andan de Antón dicindo
que busca vida mellor:
non saberá que aquí ten
unha mellor explotación.


Miña nai, miña naiciña,
coma a miña non hai ningunha:
ou quere quentarme a cariña
ou castigarme coma a túa.

Díxome o Meco na porta:
-Ás mandas bótalle o ollo.
Para min dixen eu:
-Debín quedar birollo!

Mirando con disimulo
vin unha cousa aplanada;
non sabía se a barriga era
ou era cu o que faltaba.

Ponte ben, meu pobre Meco,
que só fachada che tento;
ou o cariño non che era moito
ou noutra cousa pasaron o tempo.

Para rematar por esta vez,
noso Meco anoréxico,
ti... será que pasaches fame
ou esperas un lindo bico?

Meu Mequiño de cartón,
no meu colexio din que es bo.
Se non queres ser tizón
manda carta coa túa opinión.

E xa que estamos en crise
vouche prender este lume.
Como cómpre aforrar un pouco
Vaite... e non fagas moito fume.

No hay comentarios: